Ir ao contido

Prezo de lanzamento · un terzo menos

Unha licenza por traballador. Un pagamento. Para sempre.

Sen mensualidades, sen permanencia. O prezo sábelo antes de empezar. IVE non incluído.

Unha licenza por traballador. Un pagamento. Para sempre.
Ata 5 traballadores 29,80 € por licenza 149 € 219 € Aforras 70 € Comeza con este paquete
Ata 10 traballadores o máis habitual 24,90 € por licenza 249 € 349 € Aforras 100 € Comeza con este paquete
Licenza adicional Só a partir do primeiro paquete 39 € 49 € Aforras 10 € Comeza con este paquete
Máis de 10 traballadores Falámolo contigo A consultar Escríbenos

Prezo de lanzamento para as primeiras 100 empresas. Cando se esgoten, volve o prezo normal. IVE non incluído.

O que pagas nun ano, aquí págalo unha vez

Ata 5 traballadores

Con subscrición
288 € cada ano
Con Laboro
149 € unha vez

Ata 10 traballadores

Con subscrición
420 € cada ano
Con Laboro
249 € unha vez

Referencia: a tarifa anual dun provedor de rexistro horario por subscrición para o mesmo tramo, sen IVE, a setembro de 2026.

Que é unha licenza?

  • Unha por persoa que ficha

    Conta tamén a de quen xestiona: en Laboro todo o mundo ficha, e todo o mundo sae no rexistro.

  • Vincúlase ao seu DNI

    Unha licenza é unha persoa, non un asento que se reasigna. Un erro no documento corríxese pedindo unha rectificación.

  • Se marcha, queda arquivada

    Co seu historial, os catro anos que esixe a lei. Para o seguinte compras outra; se volve, recupera a súa ficha.

Con subscrición ou con Laboro

Con subscrición

  • Pagas cada mes, por cada usuario, mentres uses o programa.
  • O prezo sobe cando medra o equipo.
  • Se deixas de pagar, perdes o acceso ao rexistro.
  • Contrato anual, permanencia, subidas de tarifa.

Con Laboro

  • Pagas unha vez por cada traballador.
  • A partir de 24,90 € por traballador.
  • Os teus datos son teus: expórtalos cando queiras, en CSV e PDF.
  • Nin contrato, nin permanencia, nin subidas.

Durante o piloto, as licenzas non custan nada.

Os primeiros clientes reciben as súas licenzas sen custo. Escríbenos e activámoschas.

sales@laboro.app

Catro preguntas, non quince

E se medra o equipo?

Compras outro paquete, ou licenzas soltas a 39 €. O que xa tes non caduca nin cambia de prezo.

Que pasa se un traballador marcha?

A súa licenza arquívase con todo o seu historial, que a lei obriga a conservar catro anos. Non se reasigna a outra persoa: para quen entre compras outra licenza. Se esa mesma persoa volve, recupera a súa ficha.

Como fichan os traballadores?

Entran en my.laboro.app co seu número de documento e o seu contrasinal, desde o móbil, a tableta de recepción ou o ordenador. É a mesma web nos tres sitios. Sen pegada, sen cara e sen GPS.

Quen ten os meus datos?

Ti. Onionly SLU custódiaos como encargada do tratamento, en servidores da Unión Europea, e ti expórtalos enteiros cando queiras en CSV e PDF.