Ir ao contido

O rexistro de xornada

Un rexistro que non se pode reescribir. Só corrixir, deixando rastro.

Cada día, cada persoa: entrada, saída, pausas, horas previstas e diferenza.

Como funciona

  1. Cada fichaxe calcula as horas traballadas, as previstas polo horario e a diferenza, e clasifica o exceso: extraordinaria, complementaria, distribución irregular ou recuperación.
  2. Un fichaxe corríxese, nunca se sobrescribe: a corrección garda quen, cando, o valor anterior, o novo e o motivo, na mesma operación.
  3. Se alguén esquece fichar a saída, Laboro non inventa a hora: marca o día como provisional e amósacho para que o resolvas.
  4. O xestor revisa a semana, corrixe con motivo e valida. O traballador confirma os seus días desde o portal.
O diálogo de corrixir unha fichaxe: os campos de entrada, saída e pausa, un aviso de que os valores anteriores e o motivo quedan no rexistro, e un campo obrigatorio para explicar por que se corrixe
Corrixir é lexítimo; borrar o rastro, non. O motivo é obrigatorio e o valor anterior queda.
A lista de fichaxes do panel: cada día e cada persoa con entrada, saída, total, horas previstas, diferenza, método de fichaxe e estado
Cada xornada, xunto ao que se esperaba dela. Arriba, as horas do período e as xornadas que ninguén pechou.

O que hai detrás

Art. 34.9 ET e RDL 8/2019: rexistro diario, conservado catro anos, á disposición do traballador, dos seus representantes e da Inspección.

O que non fai

Non permite borrar un fichaxe (a ninguén, nin a nós) e non pecha unha xornada aberta pola súa conta.

Empieza hoy

Empieza a fichar hoy. Sin cuotas, sin permanencia.

Diez minutos para dar de alta la empresa y a tu equipo. Las primeras 100 empresas entran a precio de lanzamiento.

Sin tarjeta. Sin permanencia. Si no te convence, te llevas tus datos.