Ir ao contido

Vacacións e permisos

As vacacións e os 22 permisos do Estatuto, xa cargados.

O traballador pide desde o móbil, ti aprobas ou denegas con motivo, e o saldo calcúlase só.

Como funciona

  1. Vacacións: defines a política (días ao ano, rateo desde a alta, se caducan o 31 de decembro) e cada persoa ve o seu saldo: asignados, usados, pendentes e dispoñibles.
  2. Vacacións, baixas e permisos retribuídos (matrimonio, falecemento, mudanza, lactación, nacemento, forza maior familiar…) cos días que marca a lei, en días naturais ou laborables segundo corresponda.
  3. O traballador solicita desde Solicitudes, engade o xustificante se o permiso o pide, e ve o estado.
  4. Ti ves a cola, aprobas ou denegas con motivo, e o calendario do equipo amosa quen falta cada día, en vista de mes ou en barras por persoa.
  5. Os saldos ratéanse por días de contrato; as vacacións que unha baixa impediu gozar gárdanse os meses que a lei di.
  6. Ao final do ano ou ao marchar alguén, a liquidación di cantos días se deben ou se descontan.
A lista de ausencias do panel: cada solicitude co traballador, o tipo de permiso, as datas, a duración e o estado; as pendentes, cos botóns de aprobar e rexeitar
Cada permiso sae co nome que lle dá o Estatuto: traslado de domicilio habitual, forza maior familiar urxente, deber inescusable, matrimonio ou rexistro de parella de feito.
O calendario do equipo de agosto: cada día di cantas persoas faltan e por que, e ao escoller un día aparece o nome de cada unha co seu tipo de ausencia
O calendario do equipo, en vista de mes. Escolles un día e ves quen falta e por que.

O que hai detrás

Arts. 37.3, 38 e 48 ET; RDL 5/2023 e RDL 9/2025 (19 semanas de nacemento, 32 en familias monoparentais).

O que non fai

Non decide por ti (cada ausencia apróbaa unha persoa) e non amosa o diagnóstico dunha baixa a ninguén: o xustificante é privado.

Empieza hoy

Empieza a fichar hoy. Sin cuotas, sin permanencia.

Diez minutos para dar de alta la empresa y a tu equipo. Las primeras 100 empresas entran a precio de lanzamiento.

Sin tarjeta. Sin permanencia. Si no te convence, te llevas tus datos.